Thursday 16 de May de 2024

Cúmulo de medallas para o Club Luar no XVIII Campionato Internacional Cidade de Pontevedra


Os membros do Club de Taekwondo Luar participaron esta fin de semana no XVIII Campionato Internacional Cidade de Pontevedra, acadando un total de cinco medallas. A prata foi para Eliana Suárez e Rodrigo Varela, mentres que os bronces foron parar ás mans de Sara Gacio, Mateo Boudjenane e Daniel Mosquera. Un resultado que volve poñer de manifesto o gran nivel que posúe o club ordense, canteira de campións e figuras relevantes deste deporte.